O Centro de Arte Contemporáneo Andaluz, situado na
Cartuja de Sevilla, ten actualmente unha maravillosa exposición, ONDAS EN EXPANSIÓN: DERIVAS DEL CONCEPTUAL
LINGÜÍSTICO, na que a linguaxe é a protagonista da arte. O libro, a biblioteca,
o poema visual, a canción... como concepto artístico.Algúns dos artistas seleccionados para esta mostra son Joseph Kosuth, un dos principais teóricos da arte conceptual, xunto con Art & language, para quen "a arte é, en esencia, a definición da arte", ou o artista catalán Joan Brossa cos seus poemas visuais, John Baldessari, Allen Ruppersberg, coa instalación de fotografías The New Five Foot Shelf (2001), Alfredo Jaar, Dora García, Annika Ström, Nuria Carrasco, Inmaculada Salinas ou Simon Zabell.
Unha das instalacións que máis me gustaron, ahí está o meu alter ego, bibliófila e bibliotecaria, foi a Marx Lounge, realizada por Alfredo Jaar (Santiago de Chile 1956-) en 2010. Aquí queda unha imaxe de Xacobe Meléndrez Fassbender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Agradécense os comentarios