Perfil profesional

Licenciada en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela-USC). Postgrado en Xestión da información na universidade e na empresa (USC e Idega). Exerceu como bibliotecaria e documentalista en distintas institucións (Universidade de Vigo, Principado e Asurias, Biblioteca Pública de Pontevedra...), actualmente é bibliotecaria na Universidade da Coruña. Impartíu cursos de postgrado en Xestión informática de bibliotecas na Universidad de Oriente de Santiago de Cuba e Universudad Central de La Habana. Investiga sobre alfabetización informacional en bibliotecas escolares e universitarias. Creadora del primer blog de una biblioteca universitaria en España.

viernes, 19 de abril de 2013

Verbas ao vento

"Verbas ao vento" é unha instalación artística realizada por Roberto Suárez Brandariz e eu coa grande colaboración do alumnado de terceiro (A e B) de Grao en Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, e enmarcada dentro das xornadas “De Cerca”.
Vinte artistas realizamos unha intervención nun libro, o que nós quixéramos e despois todos eles se colgaron no Auditorio da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña aboiando no ar, coma paxariños. Quedaron moi fermosos.
(foto de Roberto Suárez Brandariz)

A miña intervención foi sobre a Metamorfose de Kafka, unha edición de RBA que tiña repetida na casa. Non alterei o seu contido, só unhas pinceladas, pero sí a cuberta e as gardas. Así queda, prendido por pinzas.

Tomamos como referencia os Flying books de Christian Boltanski así como a curta animada The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmor,  dirixido en 2011 por William Joyce y Brandon Oldenburg para facer unha homenaxe á lectura, que nos permite voar moito máis alá do espazo e do tempo.

O proxecto conta polo de agora coa participación de: Amelia Seoane Secas (Galicia), Augusto Metztli (México), Carmen Cierto (Galicia), Ceu Costa (Portugal), Inma Doval (Galicia), Isabel Pintado (Madrid)
Julia Pintão (Portugal), Lara Pintos (Galicia), Manoel Bonabal (Galicia), Manuel Silvestre (Valencia), María Verdugo Althofer  (Madrid), Mariana de Castro (Portugal), Maribel Longueira (Galicia), Marthazul (Galicia)
Mercedes Molares (Galicia), Miriam Rodrigues (Portugal), Novais (Galicia), Ramiro Torres Maceiras (Galicia), Renata Carneiro (Portugal) e Xacobe Meléndrez Fassbender (Galicia)

O proxecto está aberto á participación de todos/as artistas que así o desexen, só teñen que intervir un libro e envialo ao seguinte enderezo:
Inma Doval
Biblioetca
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña, s.n
15071 A Coruña
Galicia
España

Iso sí, desexamos que o libro se poida ler despois da intervención e que non se lle engadan cousas que poidan pesar ou armar moito, a idea é que se poidan colgar e se movan no vento, dialogando cos outros.


miércoles, 9 de enero de 2013

ONDAS EN EXPANSIÓN: DERIVAS DEL CONCEPTUAL LINGÜÍSTICO

O Centro de Arte Contemporáneo Andaluz, situado na Cartuja de Sevilla, ten actualmente unha maravillosa exposición, ONDAS EN EXPANSIÓN: DERIVAS DEL CONCEPTUAL LINGÜÍSTICO, na que a linguaxe é a protagonista da arte. O libro, a biblioteca, o poema visual, a canción... como concepto artístico.
Algúns dos artistas seleccionados para esta mostra son Joseph Kosuth, un dos principais teóricos da arte conceptual, xunto con Art & language, para quen "a arte é, en esencia, a definición da arte", ou o artista catalán Joan Brossa cos seus poemas visuais, John Baldessari, Allen Ruppersberg, coa instalación de fotografías The New Five Foot Shelf (2001), Alfredo Jaar, Dora García, Annika Ström, Nuria Carrasco, Inmaculada Salinas ou Simon Zabell. 
Unha das instalacións que máis me gustaron, ahí está o meu alter ego, bibliófila e bibliotecaria, foi a Marx Lounge, realizada por Alfredo Jaar (Santiago de Chile 1956-) en 2010. Aquí queda unha imaxe de Xacobe Meléndrez Fassbender.